[Date Prev][Date Next][Thread Prev][Thread Next][Date Index][Thread Index]

[escepticos] Comunicado del colegio profesional de periodistas de galicia sobre el caso Prestige



  Si alguien tiene problemas que me avise y se lo traduzco:

  Decir que algunos periodistas de las cadenas públicas han sido
increpados e insultados por lo que salía en sus medios, por eso se
justifica el párrafo final.
  
   Recibido en la lista Burla Negra:

RG> http://www.xornalistas.com 


RG>        O COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA DENUNCIA E
RG>        CONDENA O APAGÓN INFORMATIVO DECRETADO POLAS AUTORIDADES EN
RG>        RELACIÓN COA MAREA NEGRA CAUSADA POLO NAUFRAXIO DO
RG>        "PRESTIGE"
     

RG> --------------------------------------------------------------------------
RG>       07/12/2002
RG>       SANTIAGO DE COMPOSTELA
RG>       CPXG
     
     
RG>       A Xunta de Goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE
RG> GALICIA, corporación de Dereito Público que agrupa a 1.083
RG> profesionais da comunicación, desexa transmitir á opinión pública
RG> a súa preocupación polas dificultades que o Goberno Central e a
RG> Xunta de Galicia están a poñer diante dos xornalistas para
RG> informar axeitadamente sobre as circunstancias nas que tivo lugar
RG> a deriva e posterior naufraxio do petroleiro "Prestige" e acerca
RG> da evolución das sucesivas mareas negras de fuel pesado que destes
RG> feitos se derivaron e están a derivarse. O apagón informativo
RG> decretado, entre outros, polas autoridades da Mariña Mercante coa
RG> fin de evitar que os xornalistas poidan contrastar diferentes
RG> versións sobre estes feitos e a negativa a suministrar datos que
RG> os profesionais se ven na obriga de recabar de entidades que
RG> dependen dos gobernos francés e portugués constitúen dous exemplos
RG> intolerables do intento que están a desenvolver as autoridades
RG> españolas e galegas de someter ós medios de comunicación ó seu
RG> discurso oficial cando, nos asuntos relacionados coas
RG> administracións públicas, o dereito fundamental á información debe
RG> prevalecer sempre por riba de calquera restricción que vulnere
RG> inxustificadamente o principio da transparencia informativa ó que
RG> estan obrigadas.

RG>       Unha mostra desta irracional estratexia da ocultación
RG> impulsada polo Goberno tivo lugar o pasado mércores co peche ós
RG> xornalistas do porto de Aguiño (Ribeira), nunha decisión que
RG> constitúe unha flagrante violación do dereito á información
RG> protexido polo artigo 20.1 da Constitución Española.


RG>        O COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA, como
RG> entidade obrigada a evita-los intentos de limita-lo dereito dos
RG> cidadáns á liberdade de expresión e de información, mediante actos
RG> ou opinións dirixidos a restrinxir ou influir lesivamente na libre
RG> actividade dos medios de comunicación e de quen traballan neles,
RG> quere amosar tamén a súa preocupación polas consignas impostas
RG> nalgúns medios de comunicación de titularidade pública,
RG> nomeadamente Televisión de Galicia e Televisión Española, co único
RG> obxectivo de condiciona-la información para que non resulte
RG> perxudicial ós intereses políticos dos actuais gobernantes. A
RG> garantía dos dereitos dos cidadáns require a defensa duns medios
RG> de comunicación libres, plurais, críticos e abertos á sociedade á
RG> que serven. A importancia da función social que presta o
RG> xornalista a través dos medios de comunicación, como elemento
RG> principal para o exercicio destes dereitos, esixe salvagardar
RG> permanentemente estes principios de calquera intento de
RG> restricción ou coacción procedente de toda forma de poder, así
RG> coma da súa posible degradación, producida pola súa eventual
RG> inobservancia ou adulteración por parte dos propios medios ou de
RG> quen traballan neles. Na súa condición de actores principais do
RG> exercicio dun dereito fundamental, do que son depositarios tódolos
RG> cidadáns, os profesionais da información deben desenvolve-la súa
RG> función atendendo ó dobre compromiso da responsabilidade, derivada
RG> da súa importante tarefa e do mandado da súa propia conciencia,
RG> dacordo co ordenamento constitucional e cos principios
RG> deontolóxicos da profesión xornalística. A liberdade de expresión
RG> e o dereito á información son dous fundamentos substanciais da
RG> sociedade democrática. Os dous son dereitos recollidos e amparados
RG> pola Constitución. Do vigor, o respecto e a plena vixencia destes
RG> principios depende a existencia dunha opinión pública plural e
RG> independente, requisito indispensable para o bo desenvolvemento da
RG> vida pública e a plenitude do sistema democrático.


RG>        O COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA non
RG> considera casual que estes feitos, directamente relacionados coa
RG> crise do "Prestige", teñan coincidido no tempo con denuncias de
RG> persecución de xornalistas concretos suxeridas dende instancias da
RG> Xunta de Galicia, da que dependen importantes partidas
RG> presupostarias de libre disposición coas que, desgraciadamente, é
RG> posible condicionar as contas de resultados, e os comportamentos
RG> informativos de xornais, axencias de noticias e emisoras de radio
RG> e televisión, de titularidade pública e privada.


RG>        O COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA considera
RG> intolerable esta situación e, por isto, ó tempo que lla transmite
RG> á opinión pública, fai un chamamento ós xornalistas galegos e ós
RG> empresarios da comunicación para que se rebelen e defendan o
RG> dereito á información fronte a calquera intento de condicionar o
RG> seu traballo.


RG>       A Xunta de Goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE
RG> GALICIA quere tamén expresar a súa emocionada solidariedade cos
RG> afectados pola marea negra e, ó tempo que suliña a súa comprensión
RG> pola tensión coa que están a vivir esta crítica situación,
RG> rógalles encarecidamente que faciliten na medida das súas
RG> posibilidades, o traballo dos xornalistas, que non son os
RG> culpables do que as súas empresas poidan ocultar, na seguridade de
RG> que a difusión dos seus problemas entre o conxunto da sociedade
RG> contribuirá decisivamente á súa solución.


-- 
Saludos,
 Akin                            mailto:akin en iespana.es


---Publicidad--------------------------------------------------------
¿Vas a dejar tu web bajo tierra? Vuela con i (españa)!
http://www.iespana.es/_reloc/email.sitio